Castellano Castellano
Galego Galego
English English
Ubicación                        

Hotel As Brisas do Freixo


O Freixo. Outes. Galicia

Entorno Hotel.

En Galicia, sen dúbida, a paisaxe é o verdadeiro protagonista. En O Freixo (Outes), Galicia, a liña de costa coas súas praias, o porto e un exuberante terreo verde fan confluír as mellores características da paisaxe de Galicia.

Non podemos esquecer, tamén, as excelencias da gastronomía, baseadas nos mellores produtos da ría (estamos situados na primeira das rías Baixas), entre os que salientan os berberechos, mexillón, ameixa e a ostra, que é o marisco emblemático da zona.

En O Freixo pódese gozar de innumerables e belísimas praias, un lugar idóneo para a práctica de todo tipo de deportes náuticos e vela. Pero se o que busca o visitante é un lugar tranquilo onde descansar, as pequenas calas diseminadas por toda a costa constitúen un espazo idóneo no que gozar da tranquilidade e a paisaxe de Galicia.

Outes está situado nas rías Baixas, no corazón da Ría de Muros e Noia, primeira das rías Baixas e a máis próxima a Santiago de Compostela; moi diferente das máis populares e frecuentadas zonas turísticas de Sanxenxo e Baiona. Isto permite deixar atrás as presións e tensións da vida moderna.

Lugares de interese próximos

• SOLAINA TREMUZO
• CASTRO DE BAROÑA
• PARQUE NATURAL ENCORADOIRO
• SANTIAGO DE COMPOSTELA
• ZONA VELLA DE NOIA
• ZONA VELLA DE MUROS

 Hotel As Brisas do Freixo - Outes (A Coruña) - Galicia
 c/ Porto do Freixo, 63 - 15288 - Outes (A Coruña) - Galicia
 Tlfs. +34 981 765 744 | +34 981 843 583
 FAX. +34 981 843 584
 E-Mail. info@hotelasbrisasdofreixo.com